Os amigos da Costureira, que colaboraron confeccionando as camisolas de #UNDOSMEUS, teñen desde hoxe unidades á venda na súa web.
Esta iniciativa, impulsada polo actor Xosé A. Touriñán, naceu coa intención de sumar entre a afección deportivista para patrocinar a nosa Canteira. Ante as peticións de compra de camiseta que nos foron chegando estes días, decidimos poñer á venda varias unidades por unha boa causa. Todos os beneficios xerados pala súa venda irán destinados integramente á AECC (Asociación Española Contra el Cáncer).
Podedes mercar as vosas camisolas aquí.
Moitas grazas polo voso apoio!