
Quenteime en Twitter. Dixen que ía pedir prezo para patrocinar a Noel e vós animástesme a facelo. Imos facer unha cousa, imos apoialo entre todos. Porque a canteira e o deporte base son o presente e o futuro do Deportivo, porque hai que apoiar á xente da casa, porque Noel é #undosmeus.
Creamos esta páxina para que poidades facer as vosas achegas e levar unha recompensa por facelo. Entre todos imos conseguilo, imos patrocinar a Noel!
Xosé A. Touriñán
Este é o plan. Espero que sexamos capaces de chegar… 💙💪🏼#UNDOSMEUS pic.twitter.com/fmLJUurc59
— Xosé A. Touriñán (@xatouri) 31 de agosto de 2021